
O proxecto é unha iniciativa de Scouts e Guías de Austria que, coa colaboración de Scouts de diferentes países de Europa e outros continentes, reparten a Luz da Paz acendida cada ano por un neno ou nena austríaco na cova do Nacemento de Xesús en Belén.
A distribución da Luz da Paz a todos os países participantes realízase desde Viena.
Alí, unhas semanas antes do Nadal, repártese a Luz a todas as delegacións asistentes para que a fagan chegar aos seus respectivos países cunha mensaxe de Paz, Amor e Esperanza.

Posteriormente, os Scouts e as Guías distribúena por parroquias, fogares particulares, hospitais, residencias de anciáns, prisións e outras asociacións dos seus respectivos pobos e cidades
En España cada ano, preparámonos para acoller na nosa casa a Luz da Paz de Belén cunha serie de materiais que nos achegan ao sentido do Nadal.
Loce en ti, é o lema deste ano.
A Luz da Paz de Belén chegará a Zaragoza, da man da Scouts Scouts Católicos d’Aragón o 11 de decembro.
Dende alí partirán numerosas delegacións para distribuíla por todos os recunchos de España.


